jueves, 5 de octubre de 2017

Aquilino Iglesia Alvariño - Eu quero oir o teu silencio

Coma na herba noviña ou na frol da i-auga
eu quero oir o teu silencio, nena.

Un silencio todo estrelado de surrisas,
no que os teus ollos señan dous barquiños ancrados.

Eu, solo, o mariñeiro.

Unha fonda alegría nas velas brancas, dondas,
- palabras que inda gardan o aquél da frol do liño-
agardando a mañá
en que deixe os meus portos e ceguiño me embarque
capitán dos teus ollos veleiros.